sábado, 23 de enero de 2016

1.DESCRICIÓN DO PROXECTO

Por que cres que son importantes as preguntas que nos plantexamos para iniciar o negocio?

Creo que estas preguntas son importantes porque nos axudan a empezar ben o proxecto, tendo en conta o que nosotras queríamos, o que queren os clientes e se vai a funcionar ou non.

  • A 1ª pregunta("Que nome lle damos ao noso proxecto?") nos axuda a reflexionar sobre o nome do noso proxecto para ver se ten que que ver co servizo que ofrecemos e se é un nome que pode funcionar no mercado e atraer clientes.
  • "Cómo xurdiu a idea de levalo a cabo?" , preguntarnos isto creo que nos fai reflexionar sobre o proceso de incio e de creación do negocio, no que colaborando entre as dúas témonos que poñer dacordo.Creo que ista pregunta e sobre todo a 3ª ( Cal é o obxectivo?) axudan a que aclaremos as ideas sobre o noso proxecto, que queremos facer e como o vamos a facer.
  • Coa pregunta de "Cal é a súa utilidade?", pensamos en nós, porque facemos este negocio para, sobre todo, gañar cartos; e nos clientes, que son o máis importante no negocio. Se fixésemos algo que os clientes non precisan o noso negocio non sería de utilidade.
  • Creo que a pregunta de "Quen son os promotores?" é simplemente para ter información dos que promoven o negocio.
  • "En que contexto se vai levar a cabo?". Creo que é moi importante coñecer o mercado no que traballas, os clientes,o seu nivel económico e cultural, a competencia... Para iniciar un negocio unha das cousas principais é o contexto onde se vai levar a cabo, e esta pregunta creo que é algo que a miña compañeira e máis eu tivemos en conta dende o primeiro dia, porque necesitamos un lugar cercano a moitas tendas e tamén precisamos que os nosos clientes teñan un nivel económico medio-alto.


Que parte fixeches ti?

Para facer o traballo colaboramos as dúas xuntas, respondimos as preguntas en clase, e en canto ao nome e ao logo xa os tiñamos decididos de antes.O que tiña que facer eu foi o encabezado e a portada porque en clase non fomos capaces.