lunes, 29 de febrero de 2016

3.MATRIZ DAFO

 
Nunca habiamos feito un Matriz Dafo así que isto é algo novo para nós. 
O DAFO permitiunos detectar no noso proxecto as debilidades, fortalezas dos factores internos do negocio e as ameazas e oportunidades dos factores externos da empresa.
Como xa teño dito anteriormente é moi importante saber como é a nosa situación no mercado, saber que nos diferencia da nosa competencia e que problemas imos ter.
Creo que o Matriz DAFO é un instrumento moi bo para todo is dunha maneira visual.

lunes, 22 de febrero de 2016

2. PLAN DE MÁRKETING

2.1 Producto e prezo

Creo que este punto axúdanos a fixar o obxectivo do noso negocio e saber que servizos imos ofrecer, como e a que prezo.
Desta parte encargouse María, aínda que antes xa falaramos sobre que iamos poñer.

Creo que tanto o apartado Servizo como Respecto ao prezo, están moi ben pensados e organizados, porque o que fixemos foi comparar con outras asesorías para ter claro que servizos ofrecer para que fosen innovadores. En canto aos prezos, creo que é o que mellor está porque ofrecemos un servizo de calidade a un prezo máis alcanzable que o da nosa competencia. Ademais contamos con bonos/ofertas que nos poden axudar a achegarnos a clientes cun nivel máis baixo; ademais, estes bonos/ofertas, podemos promocionar mellor o noso negocio e conseguir que sexa máis coñecido.