viernes, 18 de marzo de 2016

4. PLAN DE RECURSOS HUMANOS

4.2 Curriculum Vitae

Con este punto aprendín a facer o meu propio currículo e que tipos de currículos hai que me parece moi importante para nun futuro saber cal é mellor dependendo da información que queira destacar. Ademais eu nunca fixera ningún currículo e non sabía que información tiñan que levar. Creo que para min nun futuro isto vai ser posiblemente o que máis me axude.

Agora xa podo facer o meu propio curriculum vitae!!!

4.3 Contratos

Pois aprendín os tipos de contratos que hai, antes pensaba que só había temporais e indefinidos, e agora creo que se e controlo bastante ben os tipos de contratos, os seus beneficios e para que vale cada un.

Nun futuro váleme para saber como poden ser os meus contratos e tamén no caso de que abra un negocio saber que contrato utilizar dependendo de cada empregado.

Creo que isto o aprendín tanto en clase por grupos explicándonolo como despois na aula de informática poñéndoo en práctica cos nosos traballadores

Con este punto tamén tivemos que investigar cales son os salarios mínimos dependendo do traballo ou estudos que ten un traballador. Antes , a verdade, é que creo que nin María nin eu controlabamos moito disto.
 

EMPREGADO CONTRATO XORNADA SALARIO
Jose luis González, Xerente Indefinido De luns a venres,
9:30-13:30;
16:30-20:30
1800
Cristina Cuervo, Secretaria Indefinido De luns a venres,
10:00-13:30;
16:30-21:00
1500
Rodrigo Palazón, Perruqueiro Temporal de Interinidad De luns a venres,
10:00-13:30;
16:30-21:00
1200
Sol SantaCruz,
Asesora de imaxe
Indefinido De luns a venres, e sábado pola tarde
10:00-13:30;
16:30-21:00
1350€
Carolina Vázquez, Maquilladora Indefinido De luns a venres,
10:00-13:30;
16:30-21:00
1200€
María Perez,
Asesora de imaxe
Temporal eventual por circunstancias de la producción De luns a venres,
10:00-13:30;
16:30-21:00
1300€
Esther Perez,
Asesor de imaxe
Indefinido De martes a sabado,
10:00-13:30;
16:30-21:00
1300€

 ¿ Por que escollimos estes contratos para os nosos traballadores?

En xeral aos traballadores aos que lles puxemos contrato indefinido foi porque teñen un excelente curriculum e confiamos neles. O xerente e o asesora Sol SantaCruz son os traballador con máis experiencia por iso puxémoslles un contrato indefinido, porque cremos que é moi importante nun negocio ter a xente con experiencia e formación; facendo un contrato indefinido a estes traballadores obtemos bonificacións por contratar a persoas maiores de 45 anos.. Á maquilladora(obteremos beneficios porque é menor de 30 anos), secretaria e á asesora de imaxe Esther Pérez ( obteremos beneficios porque é menor de 30 anos) puxémoslles contrato indefinidos principalmente porque teñen moitos estudos e formación .
Ao perruqueiro fixémoslle un contrato de interinidade para cubrir unha baixa por maternidade. E por último a unha das nosas asesoras fixémoslle un contrato eventual polas circunstancias da produción porque queremos comprorar se con tres asesoras a empresa funciona ben, ou se nos chega con dúas, se todo vai ben a faremos indefinida.

miércoles, 9 de marzo de 2016

4. PLAN DE RECURSOS HUMANOS

4.1 Organigrama

O problema que tivemos nesta parte foi que non podiamos poñer o organigrama no documento orixinal porque se non se nos ía o Dafo. 
A parte dese "problemiña" polo resto ben.
Esta parte fixémola entre as dúas por que é algo no que temos que estar de acordo. Non nos custou dicir como ía ser noso persoal porque xa nolo expuxemos antes, pero de todos os xeitos valeunos para saber cal ía ser a función de cada un dos nosos traballadores.

4.2 Curriculum Vitae

Esta parte levounos moito tempo, porque é o máis longo e ademas tiñan que ser datos "reais",que se puidesen demostrar. Creo que nos organizamos bastante ben porque acabamos relativamente pronto. En total temos 7 curriculos, con perfís moi diversos. Eu fixen 4 e María 3 (faltou un día).
Creo que están moi elaborados xa que cada empregado ten algo distinto.
-Xerente: escollemos a unha persoa de 50 anos con estudos de economía e con moita experiencia. Decidimos que tivese 50 anos obter unha subvención.(É galego)
-Administradora: queriamos contratar a unha moza nova , con estudos de ADE e un mínimo de experiencia laboral.
-Perruqueiro: Para ou noso perfil de traballadores non fose todo de mulleres queriamos que o perruqueiro fose un mozo novo pero con moita experiencia e coñecementos sobre este ámbito.
-Maquilladora: queriamos tamén a unha moza nova con experiencia labarol e que xa traballase con grandes maquilladores como é o caso de MaxFactor.
-Asesora 1: unha moza nova sen moita experiencia pero cunha mente moi aberta aos cambios nas tendecias da moda. Ademais ten moita formación profesional.
-Asesora 2: unha moza nova con máis experiencia que a anterior.
-Asesora 3: puxemos a unha señora duns 40 anos que estudou na Universidade de París e que traballou en moitas obras de teatro e no cinema. Esta asesora é un pouco máis maior , porque pensando en nais e en mulleres ou homes da súa idade ou máis maiores se cadra unha señora con tanta experiencia dálles máis confianza.