miércoles, 9 de marzo de 2016

4. PLAN DE RECURSOS HUMANOS

4.1 Organigrama

O problema que tivemos nesta parte foi que non podiamos poñer o organigrama no documento orixinal porque se non se nos ía o Dafo. 
A parte dese "problemiña" polo resto ben.
Esta parte fixémola entre as dúas por que é algo no que temos que estar de acordo. Non nos custou dicir como ía ser noso persoal porque xa nolo expuxemos antes, pero de todos os xeitos valeunos para saber cal ía ser a función de cada un dos nosos traballadores.

4.2 Curriculum Vitae

Esta parte levounos moito tempo, porque é o máis longo e ademas tiñan que ser datos "reais",que se puidesen demostrar. Creo que nos organizamos bastante ben porque acabamos relativamente pronto. En total temos 7 curriculos, con perfís moi diversos. Eu fixen 4 e María 3 (faltou un día).
Creo que están moi elaborados xa que cada empregado ten algo distinto.
-Xerente: escollemos a unha persoa de 50 anos con estudos de economía e con moita experiencia. Decidimos que tivese 50 anos obter unha subvención.(É galego)
-Administradora: queriamos contratar a unha moza nova , con estudos de ADE e un mínimo de experiencia laboral.
-Perruqueiro: Para ou noso perfil de traballadores non fose todo de mulleres queriamos que o perruqueiro fose un mozo novo pero con moita experiencia e coñecementos sobre este ámbito.
-Maquilladora: queriamos tamén a unha moza nova con experiencia labarol e que xa traballase con grandes maquilladores como é o caso de MaxFactor.
-Asesora 1: unha moza nova sen moita experiencia pero cunha mente moi aberta aos cambios nas tendecias da moda. Ademais ten moita formación profesional.
-Asesora 2: unha moza nova con máis experiencia que a anterior.
-Asesora 3: puxemos a unha señora duns 40 anos que estudou na Universidade de París e que traballou en moitas obras de teatro e no cinema. Esta asesora é un pouco máis maior , porque pensando en nais e en mulleres ou homes da súa idade ou máis maiores se cadra unha señora con tanta experiencia dálles máis confianza.

No hay comentarios:

Publicar un comentario